venres, 25 de outubro de 2013

Conto de medo

Había unha vez un chaval que se chamaba Pedro. Pedro era moi curioso e sempre quería sabelo todo, unha vez foi ao medio do bosque para coller cogomelos e colleu moitos e de repente atopouse cun neno dun 8 anos que estaba correndo e pedindo axuda, Pedro preguntoulle que lle pasaba e el díxolle que un home o estaba seguindo, enton Pedro e mais o rapaz encndéronse detrás duns matorrais e un home moi extraño àsou corrend. Pedro preguntoulle ao neno como se chamaba e el dixo que se chamaba Raúl. Pedro mais Raúl seguiron andando por un camiño ata chegar a un castelo, petaron na porta pero non lle contestou ninguén, entón entraron para dentro. Como non había ninguén foron a rexistrar o castelo pra mirar se habría algo de beber e de comer pero non encontraron nada, entón Pedro recordou que collers cogomelos e empezaron a comer. Iban a saír do castelo e de repente Raúl mirou o home que o seguía e meteronse outra vez dentro do castelo. Ao final o home vivía no castelo, Pedro e Raúl escondéronse pero o home encontrounos.Empezaron a correr, o home doulle a un botón e saíron inhas mulleres vestidas de blanco e cun ataud aberto enriba, empezaron a seguir aos nenos, os rapaces corrían e corrían pero non eran capaces de librarse delas. As mulleres ao final colleron as rapaces e leváronos xunta o home. Ao final todo era un soño de Pedro porque collera cogomelos alucinóxenos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario